Desaloxado un bar de Ferrol no que había 50 mozos sen máscara protectora

A Policía Local denunciou ao dono do local por incumprir as normas establecidas polas autoridades sanitarias
106647644-1596568662430-bar

A Policía Local indica que o pasado sábado, sobre as 20.15 horas, foron requiridos para acudir a un establecemento pola presencia nun local dun grupo de mozos que non cumprían as medidas de seguridade.

Unha vez alí, os axentes atopáronse con 50 persoas sen máscara protectora e sen manter a distancia de seguridade en torno a unha barra duns 7 metros de longo.

A Policía Local indicou ao dono do local que sería denunciado por incumprir as normas establecidas polas autoridades sanitarias motivadas pola covid-19 e desaloxou o establecemento.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.