A Policía Local indica que o pasado sábado, sobre as 20.15 horas, foron requiridos para acudir a un establecemento pola presencia nun local dun grupo de mozos que non cumprían as medidas de seguridade.
Unha vez alí, os axentes atopáronse con 50 persoas sen máscara protectora e sen manter a distancia de seguridade en torno a unha barra duns 7 metros de longo.
A Policía Local indicou ao dono do local que sería denunciado por incumprir as normas establecidas polas autoridades sanitarias motivadas pola covid-19 e desaloxou o establecemento.
Discussion about this post