A Policía Local de Ferrol detivo o pasado domingo a unha muller que conducía sen carné un vehículo sen seguro tras protagonizar unha larga persecución pola cidade. Pasadas as doce da noite un vehículo policial decatouse de que o coche de diante, na avenida de Esteiro, circulaba sen sinalizar un cambio de dirección con intermitente e sen aminorar a velocidade ao achegarse a un cruce, no que non tiña prioridade.
Tras varias manobras deste tipo, os axentes déronlle o alto e a muller parou fronte á gasolineira do lateral do Jofre. Cando os axentes saíron do coche a condutora emprendeu de novo a marcha para deterse outra vez á altura da Prazo do Mercado, onde repite a manobra de fuga a gran velocidade en dirección ao Muelle de Curuxeiras, alcanzando os 100 quilómetros por hora segundo o velocímetro do coche patrulla.
Continuou cara ao paseo da Marina realizando curvas invadindo o carril contrario e chegou a alcanzar os 140 quilómetros por hora pola FE-15 en sentido a Coruña. A condutora abandonou a vía en dirección Canido e posteriormente en dirección á estrada de Catabois. Os axentes trataron de adiantar ao vehículo en varias ocasións para cotarlle el paso pero a condutora realizaba manobras para impedilo.
Finalmente a Policía Local puido deter ao vehículo á altura da rúa Sagrada Familia. A muller detida asegurou que se fuxiu porque circulaba sen carné e sen seguro. Pola súa banda, o seu copiloto recoñeceu que tiña coñecemento da situación.