Detido no barrio do Inferniño un home que danou o mobiliario urbano e tirou obxectos contra os vehículos estacionados

En Caranza un home foi amonestado por tirar un colchón á rúa desde un sexto piso
inferniño

A pasada madrugada unha patrulla da Policía Local de Ferrol detivo a un home por danar o mobiliario urbano e arroxar diversos obxectos contra varios vehículos. Foi na rúa do Pintor Pérez Villaamil, na zona do Inferniño. O individuo, que presentaba signos de embriaguez, é o presunto autor da rotura de tres papeleiras e unha caixa do correo.

Tamén esta noite, foron identificados un home e unha muller despois de que se recibira aviso de que dende un sexto piso do barrio de Caranza lanzaran cartóns e un colchón á rúa. Os policías que acudiron interrogaron ao home que se atopaba no lugar recollendo os mencionados cartóns e o colchón.

Indicou que estaba axudando a unha veciña que se tiña que desfacer deles. Os axentes comprobaron que os residuos finalmente foron trasladados aos colectores de recollida.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.