O Equipo de Atestados do Destacamento de Tráfico de Ferrol procedeu á detención dun veciño de Ferrol, de corenta e seis anos de idade, por un suposto delito de desobediencia grave á autoridade. Os feitos iniciáronse cando o equipo de atestados do destacamento de Tráfico de Ferrol, atopábase realizando un punto de verificación do cumprimento das restricións de mobilidade con motivo do Covid-19 nunha
estrada do municipio de Narón e procederon a dar o alto a unha furgoneta ocupada por unha parella.
Tras a identificación dos ocupantes do vehículo os axentes recoñeceron ao condutor , quen xa fora detido o 18 de abril pola súa reiteración na desobediencia do Real Decreto 463/20 que establece o
estado de alarma. Ese día era a quinta vez que era sorprendido incumprindo o confinamento e procedeuse á súa detención e á incautación da furgoneta. O día 19 de abril volveu ser sorprendido en iguais circunstancias e volveuse dar conta á autoridade xudicial, polo que coa de esta semana xa foi a sétima vez que se teña coñecemento da súa desobediencia, polo que novamente procedeuse á súa detención.
Do mesmo xeito procedeuse coa súa acompañante, unha muller de 27 anos de idade, debido a que coa de onte acumulaba cinco desobediencias ao ordenando polo Real Decreto do estado de alarma. Ambas as persoas foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol, que ditou a súa posta en liberdade á espera da celebración da vista oral. Tamén se procedeu á inmobilización da furgoneta utilizada.