Doados en cinco días máis de 2.600 quilos de produtos na Gran Recollida para o Banco de Alimentos de Ferrol

Os establecementos participantes están sinalados cun cartel informativo da campaña, que busca aumentar as reservas da entidade, sobre todo de leite, colacao, galletas, conservas, aceite, fariña, legumes e azucre
121237310_3386039374825527_3079467396305708297_o

O Concello de Ferrol puxo en marcha o pasado sábado unha gran recollida de produtos para doar ao Banco de Alimentos Rías Altas e deste modo contribuír ao aumento das súas reservas. Desde entón retiráronse máis de 2.600 quilos de produtos doados polas persoas que acoden aos establecementos participantes —identificados co cartel indicativo— e mercan alimentos para o banco.

No total xa retirado están incluídos os 548 doados pola cadea Alcampo. Durante esta semana e a próxima seguirán participando Lidl e Eroski e durante un mes Carrefour, Supercor, Gadis e os mercados municipais da Magdalena, Recimil e Caranza. Pola súa banda, se ben Mercadona non participa directamente na campaña, realizará unha doazón cos produtos que escaseen tras finalizar a gran recollida.

Unha campaña sen voluntarios

Nesta ocasión, e como consecuencia das restricións sanitarias motivadas pola covid-19, a campaña de recollida de alimentos desenvólvese sen apenas voluntarios nos establecementos, o que dificulta que os clientes coñezan a iniciativa, segundo indicou a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, “pero a sociedade ferrolá é moi solidaria, xa o demostrou en numerosas ocasións”, apuntou, e “agradecemos unha vez mais a súa resposta para axudar aos máis vulnerables da nosa cidade”. Só no día de onte recolléronse preto de 600 quilos de alimentos.

O Banco de Alimentos axuda a preto de 4.000 persoas a través das 40 asociacións ás que subministra alimentos. De novo, é a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) a encargada de recoller os alimentos dos establecementos participantes e trasladalos á nave do banco, no polígono industrial da Gándara. As súas necesidades máis inmediatas son leite, colacao, galletas, conservas, aceite, fariña, legumes e azucre, entre outras.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.