Emigración anima a coñecer a exposición Inventio Mundi no Museo da Construción Naval Exponav de Ferrol

A través de diversos paneis amósanse as consecuencias que tivo para Galicia a expedición de Magalhâes e Elcano que partiu fai 500 anos.
41077-inventio-mundi-ferrol-3_0
PUBLICIDAD

O Museo Naval Exponava de Ferrol acolle ata o día 30 de este mes de novembro a exposición Inventio Mundi. A Galicia nas viaxes transoceánicas-Séculos XV e XVII, organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Museo de la Construcción Naval – Exponav Ferrol. Nela se amosan as consecuencias que tivo para Galicia a expedición Magalhães/Elcano, que partiu hai 500 anos.

Unha trintena de paneis repasan a historia desta época da navegación galega e como esta historia foi reflectida a través do imaxinario popular que recolleron grandes autores e investigadores da literatura galega ao longo dos tempos.

Esta expedición deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.

Inventio mundi recupera a historia de grandes navegantes como Sebastián de Ocampo, que demostrou o carácter insular de Cuba; Fernando de Andrade, responsable de varias viaxes oceánicas de Galicia; Gómez Pérez das Mariñas, que navegou polo Pacífico ou Pedro Sarmiento de Gamboa, clave para entender a cartografía da época, entre outros.

Os horarios de visita son de martes a domingo, de 10.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 14.00, e de 16.00 a 20.00 horas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.