O comité de empresa de Navantia Ferrol celebrou esta maña un pleno extraordinario para elixir ao seu novo presidente, trala renuncia do anterior, Javier Galán, quen anunciuo o pasado 7 de outubro que deixaba o posto dado que abandonará a empresa ao acollerse ao plan de prexubilacións o próximo enero.
O pleno elexiu como novo presidente a Emilio García Juanatey, o candidato de Comisións Obreiras, que vén sendo o grupo maioritario ata o de agora no estaleiro ferrolán. Juanatey é inxeñeiro industrial pola Universidade da Coruña e leva toda a súa carreira profesional vinculado á construcción naval.
O resto de centrais sindicais -CIG, MAS, CGT y UGT- non presentaron a ningún candidato, polo que García Juanatey foi elixido con 9 votos a favor, 13 abstencións e 0 votos en contra.