Endesa Geración solicitó ante a Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao unha modificación substancial da concesión administrativa que explota na terminal de Caneliñas, onde conta con máis de 100.802 metros cadrados de superficie. En concreto, a filial do grupo eléctrico quere cambiar o obxecto concesional desta superficie que explota e que agora se dedica a labores de carga, descarga e almacenamento de carbón, así como doutros graneis sólidos que se utilicen nos procesos de combustión das centrais térmicas, como coque ou calcaria, entre outros materiais, e o seu uso dos medios auxiliares necesarios para iso.
Con esta modificación concesional pretende ampliar o rango de mercadorías que pode recibir, co fin de que ademais da carga, descarga, transbordo e almacenamento de carbón, tamén poida recibir outros graneis sólidos, ademais de mercadoría xeral non contenerizada.
Según fontes da compañía «trátase dun intento de reactivar a actividade de Endesa na comarca», debido ao cese do uso do carbón na central de As Pontes e, en consecuencia, do cese do tráfico desta mercancía nas instalacións portuarias. Cabe recordar que nos últimos anos o tráfico de bauxita superou o millón de toneladas, situándose como a mercancía máis descargada no Porto ferrolán. A última descarga realizouse en octubre do pasado ano.
«Endesa Generación, trala súa decisión de terminar a produción de enerxía eléctrica mediante o uso de carbón, iniciou un ilusionante proxecto encamiñado a rendibilizar a concesión e os equipos e instalacións, tratando de manter a vinculación da compañía con esa Autoridade Portuaria, para o que estamos a realizar un enorme esforzo comercial, tendente a buscar novos tráficos portuarios e loxísticos, que nos permitan seguir desenvolvendo o noso proxecto no Porto de Ferrol, o que redundará na creación de riqueza e no mantemento do emprego na zona», explicaron desde a compañía.
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao somete a información pública esta solicitude da compañía enerxética, co fin de que no prazo de vinte días hábiles poidan presentar alegacións en relación con esta petición de concesión que se tramita.
A decisión suporá unha burbuxa de osíxeno para o Porto de Ferrol, xa que o anuncio do peche de Alcoa, en San Cibrao, foi un novo golpe aos intereses económicos da entidade, ao que hai que sumar o parón do tráfico de carbón polo peche de Endesa. Se o carbón foi durante a última década a mercancía máis descargada, a alúmina para a centra de Alcoa situouse durante os últimos anos nas primeiras posicións, con máis de 300.000 toneladas movidas. Dúas importacións que prácticamente desaparecerán dos tráficos portuarios de Ferrol este ano de cumprirse os peores pronósticos.