Este sábado volven as visitas guiadas ao museo da construcción naval

Os interesados en participar neste roteiro explicativo deberán reservar con antelación
EiHbbz1XcAAzdEl

A Fundación Exponav retoma este sábado ás once da mañá as visitas guiadas gratuítas ao Museo da Construción Naval, que durante o mes de outubro celebraranse dous días, o 10 e o 17.

A situación sanitaria limita o número de persoas que poden participar en cada visita, de maneira que é necesario reservar con antelación a través do correo electrónico [email protected] ou ben chamando ao número de teléfono 981 359 682. Antes da visita, os integrantes do grupo -que deberán levar máscara- pasarán por un espazo de desinfección de calzado, un medidor de temperatura corporal e un dispensador de xel hidroalcohólico.

No percorrido farase un repaso pola historia da construción naval, desde a carpintería de ribeira ata os estaleiros e a súa evolución, deténdose ademais en pezas destacadas do museo como os restos da fragata Magdalena, afundida nas costas de Viveiro a principios do século XIX. Tamén se explicarán os detalles da sede do museo, que no século XVIII prestou servizo á Armada como ferrería.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.