Buscadores voluntarios da Rede de Vixiantes Mariños participaron esta fin de semana na VI Gran Limpeza Internacional de Fondos Mariños, que se celebrou, ademáis de en Ferrol, de forma simultánea nuns 40 puntos de toda España. Na actividade do peirao de Curuxeiras participaron tamén membros do Club de Mar de Ferrol, de mergulladores da Forza de Acción Marítima e da propia Autoridade Portuaria.
Durante toda unha xornada de traballo polos fondos próximos ao porto, sacáronse máis de mil kilos de lixo e residuos, entre os que se atopaban neumáticos e refugallos de metal, madeira e pláticos procedentes de embarcacións na meirande parte dos casos.
A Gran Limpeza Internacional de Fondos Mariños é factible grazas á implicación persoal dos máis de mil mergulladores que integran a Rede de Vixiantes Mariños. Esta Rede é unha iniciativa da ONG Oceánidas composta maioritariamente por submarinistas que, de forma voluntaria, involúcranse na conservación das especies ligadas ao mar a través de labores de protección, investigación e divulgación do medio mariño. Nas súas actuacións, como é o caso desta limpeza conxunta de fondos, a organización conta co apoio da Asociación Española de Lixos Mariños (AEBAM) e a Asociación Vertidos Cero.
Como gran novidade deste ano, a Rede de Vixiantes conseguiu pechar un acordo con Pescanova para que esta empresa doe alimentos da súa produción a FESBAL, a Federación Española de Bancos de Alimentos. A cantidade de alimentos computarase a razón dos quilos de residuos que retiren os mergulladores da Rede de Vixiantes, o que supón un aliciente máis para os voluntarios, cuxa labor non só beneficia agora ao medio ambiente, senón tamén, de forma directa, ás persoas máis desfavorecidas.