Un pescador faleceu este martes tras caer ao mar nas proximidades do porto exterior de Ferrol, concretamente na zona do Pieiro, comunicou o 112 Galicia. O departamento público de emerxencias afirmou que trasladou a alerta por este incidente a Garda Civil, Servizo de Gardacostas de Galicia e as policías Nacional e Local de Ferrol.
Salvamento Marítimo coordinou o operativo de rescate por este suceso, acontecido ao redor das 16:00 horas. A muller do falecido advertiu ao servizo autonómico de que o seu marido caera ao mar mentres pescaba. Seguidamente, o 112 pasou o aviso a Salvamento Marítimo.
Segundo Salvamento Marítimo, o seu Centro de Coordinación da Coruña mobilizou a embarcación ‘Salvamar Betelgeuse’, ademais da auxiliar ‘Ría de Vigo’ atracada en Ferrol.
Finalmente, foi a ‘Salvamar Betelgeusen’ a que logrou localizar o corpo sen vida do home nas inmediacións de Punta do Golfín, tras o que se procedeu ao traslado ao porto ferrolán. Así, a Garda Civil solicitou que o cadáver fose trasladado ao pantalán de Curuxeiras, no barrio de Ferrol Vello, até a chegada dun xuíz.