Falece o actor e músico ferrolán Esteban Yañez vítima do coronavirus

Él mesmo explicara na súa conta de Twitter, co o humor que o caracterizaba, que contraera o virus a pasada semana

O actor e músico ferrolán Esteban Yáñez faleceu aos 35 anos de idade vítima do coronavirus. Foi coñecido por participar durante a década dos noventa en series de televisión como “Pratos Combinados” ou “O Xabarín Club”, sendo aínda un rapaz. Segundo él mesmo explicara nas redes sociais, padecía unha enfermidade dende facía anos, o que probablemente puido agravar os seus problemas saúde.

O propio Yañez informou dende a súa conta de Twitter fai uns días, co seu habitual humor, que contraera o coronavirus. A morte do actor, que se convertiu na vítima máis nova do Covid-19 en Galicia, causou un grande pesar na comunidade twittera galega, onde era moi activo.

 

Salir de la versión móvil