Feijoo encomia a «solidariedade e xenerosidade» da Cocina Económica na súa visita a Ferrol

O presidente da Xunta adiantou que se reunirá próximamente co alcalde Ángel Mato para tratar temas vitais para a cidade
O titular do Goberno galego visita as obras de rehabilitación do edificio da Cociña Económica

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo visiou hoxe Ferrol para informar sobre as políticas de xestión do Ingreso Mínimo Vital que está levando a cabo o goberno galego. Durante a súa estadía na cidade aproveitou a visita para destacar e agradecer o compromiso dos profesionais e voluntarios da Cociña Económica de Ferrol, unha entidade que cumpre 129 anos de existencia e que tan só en 2019, serviu 60.000 racións de comida a máis de 600 persoas.

Ao respecto apelou aos principios de «solidariedade e xenerosidade que sustentan esta institución, garantindo o compromiso do Goberno galego coas entidades sociais». Así, salientou que na última década a Xunta investiu un millón de euros en mellorar as instalacións da Cociña de Ferrol, coa reforma da cuberta, a compra de desfibriladores, a reforma da instalación eléctrica ou o pintado da fachada.

Feijóo concluíu anunciando que nas vindeiras semanas reunirase co alcalde da cidade para avaliar a situación económica da comarca e, especialmente, do naval. “Unha xuntanza para priorizar as cuestións máis importantes desta lexislatura e para poñer data ao traballo que non temos no estaleiro público de Ferrol”, dixo, incidindo en que se o sector naval non funciona, a comarca tampouco.

Pola súa banda, o presidente da xunta directiva da Cociña Económica de Ferrol, Antonio Tostado Naveiras, agradeceu o apoio do Goberno galego no proceso de rehabilitación do edificio e o compromiso coa labor que realiza esta entidade, un apoio, recalcou, que se incrementou desde a pandemia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira de Política Social, Fabiola García, visita as obras de rehabilitación do edificio da Cociña Económica.
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.