Feijoo esixe en Ferrol ao Goberno Central que formalice a contratación dun buque para Navantia

O lider do PP galego dixo que o executivo de Pedro Sánchez ten que cumprir cos acordos orzamentais do Estado no 2018
fotonoticia_20181015131859_1920

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe Ferrol para facer un balance das actuacións do seu goberno na cidade e valorar a actual situación que atravesa o municipio.

Un dos puntos nos que máis énfase puxo o lider dos populares galego foi na crise naval. Feijoo asegurou que, «mentres non se poidan iniciar as fragatas F-110, o Goberno central ten o compromiso e a obrigación de contratar un barco polo importe do comprometido» nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018 e, desta forma, «darlle traballo a Navantia».

Ademais, lembrou ao Executivo de Pedro Sánchez que «non se pode pechar a central térmica máis grande de España, de 1.400 megawatts», en relación á planta de Endesa, nas Pontes. «E que non se esqueza, por moito que haxa agora no Goberno membros do mesmo que a súa obsesión foi pechar Reganosa -en alusión á ministra de Traballo, Yolanda Díaz- e que non improvise, porque pechar esa empresa de gas é un golpe non só a toda esta zona, senón que tamén á capacidade de reparacións do estaleiro de Navantia», esgrimiu, antes de engadir que, «cando non hai traballo, ou non hai traballo suficiente, non é bos que aínda encima a xente dedíquese a desmantelar as industrias que hai».

No capítulo de infraestruturas, apuntou que se atopa en redacción o proxecto para a reformulación da Vía de Alta Capacidade (VAC) da Costa Norte, o tramo entre a AG-64 (Ferrol-Vilalba) e Sanguiñeira, ambos en San Sadurniño ou a mellora da AC-566 entre Valdoviño e Cedeira. E en canto ao ferrocarril, asegurou que «non se vai a renunciar á chegada do tren de alta velocidade a Ferrol e que se están dando os primeiros pasos coa estación intermodal».

Finalmente, Feijóo destacou a ampliación do Hospital Arquitecto Marcide, cun investimento de 56,8 millóns de euros para acometer dous novos edificios e pasar de 43.000 a 67.000 metros cadrados, deixando así «un hospital para os próximos 50 anos».

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.