Ferrol autoriza ás asociacións a alimentar aos gatos da rúa

O concelleiro de Benestar Animal permite que as entidades que se viñan encargando de nutrir e atender ás colonias felinas o sigan facendo durante o confinamento

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Animal autoriza as asociacións e entidades que se viñan encargando de alimentar e atender as colonias felinas a que o sigan facendo durante o tempo que dure o confinamento. O fin é evitar un impacto negativo na saúde pública, xa que a causa da falta de comida podería xerarse un aumento da mortalidade.

Dende a concellería explican que as entidades deben acreditar aos voluntarios que se encarguen de nutrir aos felinos, que se fará con pensos secos, non con restos de alimentos humanos. Os desprazamentos dos responsables de dita tarefa realizaranse de xeito individual e deberán portar a documentación acreditativa expedita pola asociación correspondente.

O departamento de Seguridade do Concello coordinará os días e horas máis adecuados para saír a asistir ás colonias felinas, se ben se procurará reducir as visitas ao mínimo indispensable e cando se prevea menos afluencia de peóns na vía pública.

Salir de la versión móvil