Ferrol da por suspendidas as fogueiras municipais de San Xoan

Poderanse celebrar en propiedades privadas pedindo autorización previa no rexistro municipal
Hoguera de San Juan
Hoguera de San Juan

O Concello decidiu non permitir este ano a realización de fogueiras de San Xoán e San Pedro en terreos de dominio público. Ante a situación de crise sanitaria xerada pola covid-19 e tendo en conta as medidas de prevención establecidas polas autoridades, decidiuse establecer restricións que, ademais desta prohibición, implicarán cambios nas lumieiras que si se poidan levar a cabo, que serán sempre en propiedades privadas. Particularmente, a limitación do número de asistentes a un máximo de 20 persoas.

Tamén se contemplan unha serie de obrigas como a separación do lume respecto de calquera material combustible e manter distancias de 15 metros de árbores de pequeno ou mediano porte; 25 de exemplares de gran porte, tendidos eléctricos ou telefónicos, e 15 metros do mobiliario urbano. A fogueira non poderá superar os catro metros de diámetro e os tres de altura, o combustible será de tipo vexetal e as brasas deberán quedar completamente apagadas antes de abandonar o lugar.

Calquera emerxencia que se produza debe ser comunicada inmediatamente ao 112, aos bombeiros
(981 944 080), á Policía Local (981 944 092) ou a Incendios Forestais (085). As solicitudes para facer lumieiras en terreos privados deben presentarse a través do rexistro municipal mediante un modelo establecido. O último día será o 21 de xuño.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.