Ferrol en Común celebra que o Goberno central dea marcha atrás co teito de gasto

Reclaman garantir o axeitado financiamento local e derogar as políticas de austeridade herdadas do Partido Popular
107516069_2585190275081165_8517430103650115280_n

Ferrol en Común celebrou, xunto co resto de mareas municipalistas, que o Ministerio de Facenda rectificara a súa intención de facer uso dos remanentes dos Concellos e anunciara a supresión da regra de gasto en 2020, «permitindo así que os fondos municipais poidan investirse onde máis se precisan durante esta pandemia». Porén, tamén reclaman que este xesto non quede nalgo puntual, e que se derrogue de xeito inmediato toda a normativa de austeridade que ata de pes e mans aos Concellos, herdada dos gobernos do Partido Popular.

«Volvemos reclamar agora a supresión da Lei Montoro, a desaparición permanente na regra de gasto, e a eliminación de todos os artigos que reducen a autonomía dos Concellos na Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local», explicaron desde a marea ferrolá.

Desde FeC explicaron que  “hoxe máis ca nunca os concellos están obrigados a reforzar as súas políticas sociais, axudar aos sectores económicos máis vulnerables e contribuír con políticas audaces ao cambio de modelo que a emerxencia climática esixe» Para todo isto, din, «terán que destinar moitos recursos a ámbitos que non son da súa estrita competencia».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.