Ferrol en Común levará ao pleno unha batería de propostas para loitar contra a crise sociecononómica da Covid

Propoñen reforzar os servizos sociais, expandir al liñas de axudas xa postas en marcha polo actual goberno e exencións fiscais para os hosteleiros
RP-24.11.20-3-1536x1152

Ferrol en Común ven de presentará no próximo pleno unha moción onde recóllense unha batería de medidas para diferentes ámbitos coas que facer fronte a crise socioeconómicas que está deixando a situación sanitaria na nosa cidade.

A moción fundaméntase en dous piares básicos, sendo un deles a parte social, onde reclaman reforzar a área de Servizos Sociais con máis persoal tanto técnico coma administrativo. Así coma habilitar un aloxamento alternativo para situacións de necesidade derivadas da pandemia.

«Unha vez máis, Ferrol en Común, solicita a creación dunha Renda Social Municipal que dea resposta ás necesidades que se atopan en situación de vulnerabilidade», dixo a edil Xiana López. «Este modelo de renda viría a cubrir as carencias doutras axudas coma o RISGA ou o Ingreso Mínimo Vital, para que ninguén quedase desprotexido», dixo.

Doutra banda, esta mesma moción contempla unha serie de medidas económicas destinadas a paliar a crise que están sufrindo todos os sectores a nivel local. Unha das medidas que propón Ferrol en Común é unha nova liña de subvención aberta similar ao PAME que puxo en marcha Ángel Mato, pero “moito máis focalizada e simplificada nos trámites burocráticos” apuntaba Jorge Suárez. Outro dos puntos da moción recolle “a exención prometida pero aínda non cumprida da taxa de lixo e auga dos locais que mantiveron a súa actividade pechada” dicía o voceiro, “é non so iso, se non unha modificación das ordenanzas que rebaixen o tipo comercial” engadía.

Un punto clave da nosa moción é a proposta da creación de “bonos desconto” que incentivan que o comercio poida desenvolver unha recuperación subvencionada dende a administración pública. Estes bonos tamén poderían estenderse á cultura local, “un sector esquecido” apuntaba Suárez, para o que tamén recollemos medidas na nosa moción como sería potenciar a industria local cultural a través de contratos para a dinamización dos barrios.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.