Ferrol en Común volverá levar ao pleno a retirada do busto de Juan Carlos I da fachada do concello

Os de Jorge Suárez xa quixeron facelo en 2016, cando gobernaban, e agora apelan de novo ás forzas municipais "que se fan chamar republicanas"

O Grupo Municipal Ferrol en Común proporá no próximo pleno ordinario a retirada do busto do rei emérito, Juan Carlos I, da fachada da casa consistorial e a retirada, tamén, da medalla de ouro da cidade. Os de Jorge Suárez ya intentaron facelo en febreiro de 2016 cando ostentaban o goberno, pero quedaron sós na votación plenaria, según eles, debido a unha moción do Partido Popular que estivo amparada por medios de comunicación e de presión.

Aínda que admiten que “as recentes informacións e investigacións xudiciais sinalan uns valores pouco exemplares”, explican que non se trata dunha cuestión de oportunismo e insisten en que existen aspectos obxectivos que motivan esta moción: “non hai ningunha razón legal para que o busto ocupe dito espazo” explicou o vocal do grupo municipal Suso Basterrechea, e en todo caso, “Juan Carlos I non é o xefe do estado neste momento como para estar na fachada do concello”.

FeC tamén apela ao resto de forzas de esquerdas, que conforman o pleno para sacar adiante esta moción. “As forzas que se definen a si mesmas como republicanas somos maioría neste pleno. Esperamos por tanto a reflexión dos nosos compañeiros neste debate e estamos convencidos de que sacaremos esta moción adiante”, din os comúns en alusión ao PSOE e ao Bloque.

Para rematar, Ferrol en Común realizará unha emenda no pleno a súa propia moción aumentando un punto nas súas peticións: a retirada da medalla de oro da cidade de Ferrol ao cidadán Juan Carlos de Borbón “xa que entendemos que están a suceder cousas suficientemente importantes no ámbito xudicial e social para que esta figura estea en entre dito” avanzou Basterrechea.

Tamén insistiron en que o custo económico e de recursos é mínimo xa que o pedestal é de ladrillos e cemento, polo que creen “que non debería levar máis dunha hora sacalo de ahí” e almacenalo xunto con outras figuras na zona habilitada a tal fin do Torrente Ballester.

Desde 1980

A fachada principal do Concello de Ferrol conta con cinco pedestais dos que tan só un, o central, estivo sempre ocupado. Así, xa desde o momento da súa inauguración, en 1953, instalouse un busto de Francisco Franco, que sería retirado anos máis tarde da súa morte, en 1980, e substituído por de o actual do rei emérito Juan Carlos I. Nos 63 anos de existencia do palacio municipal sempre existiu neste lugar un busto, que agora e de novo, volve a ser obxecto de polémica.

 

 

Salir de la versión móvil