Ferrol espera incorporar a tódolos socorristas ás praias a este fin de semana

O Concello finalizou onte a instalación das casetas, tras unha semana realizando tarefas de mantemento e reparacións nos areais
CASETA SANTA COMBA (1)

O Concello de Ferrol vén de rematar a instalación das casetas para socorristas de cara á tempada estival. Onte ao mediodía quedaron todas as estructuras colocadas logo de instalar hoxe a de Doniños e a pasada semana as da Graña, Caranza, Esmelle, Santa Comba e Ponzos.

A mediados do mes de xuño púxose en marcha o plan de mantemento e reparación de varandas, pasarelas e instalacións das praias do municipio co fin de poñelas a punto para os meses de verán. Desde entón colocáronse numerosas papeleiras e contedores nos areais, tamén duchas, fixéronse traballos de roza nos accesos e montáronse pasarelas de madeira.

O programa de intervencións, segundo explicou a edil Obras e Servizos, Ana Lamas, ten como obxectivo “solucionar danos causados tanto polos temporais como por actos vandálicos” coa intención de que os areais “estean en perfecto estado de cara ao gozo dos asistentes”. O plan continúa coa conexión de augas das casetas, a instalación de aseos portátiles e a limpeza do areal, entre outras intervencións.

Incorporación dos socorristas

O que aínda non se coñece con exactitude é cando vanse incorporar os socorristas ás praias. A previsión é que sexa esta semana, unha vez que o tribunal evaluador resolva a proba escrita realizada onte e se cubran os trámites para a incorporación dos 45 socorristas que este verán realizar as tarefas de vixilancia e salvamento nos areais ferroláns.

Este ano o Concello recibiu un aluvión de solicitudes -ata 70- para ocupar un posto no corpo de socorrismo, contrariamente ao que sucedeu os últimos anos, onde a escasez de voluntarios obrigaba a realizar unha segunda convocatoria, alongando aínda máis o proceso de selección.

Segundo os responsables da área de Seguridade do Concello, é «case seguro» que este fin de semana xa estean todos os socorristas e coordinadores de casetas incorporados aos seus postos de traballo.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.