Ferrol paraliza tódalas obras municipais

O alcalde acordou esta decisión atendendo ao anuncia realizado dende o Goberno central

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, ordeou esta tarde que se lles empezase a comunicar ás empresas que prestan servizos para o Concello de Ferrol que paralicen toda actividade non esencial, de acordo co anuncio realizado polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que na súa comparecencia de hoxe explicou que o Consello de Ministros, en reunión extraordinaria, tomará mañá a decisión de dar un novo paso nas medidas para combater a epidemia de COVID-19. Esta suspensión afectará tamén aos traballos dependentes das concellerías de Obras e Servizos e de Urbanismo, como, entre outros, os da praza de Armas ou aparcamento de Canido.

“Tal e como manifestei nos últimos días, o goberno local non vai esperar nin un minuto para
paralizar as obras que dependan do Concello se é necesario, e unha vez que sabemos que o Consello
de Ministros así o vai decidir mañá, xa estamos a preparnos para cumprir coas medidas que se nos
indiquen”, explicou o alcalde, que insistiu en que “o primeiro, por diante da economía, é a saúde da
cidadanía”. “Chegou o momento de dar un paso máis, por doloroso que sexa, nesta loita de todos
contra o coronavirus”, dixo en referencia a que a súa intención durante os últimos 15 días foi manter
aos traballadores en activo mentres fose posible e así o indicasen as autoridades sanitarias.

Salir de la versión móvil