Ferrol recibe a nove medios nacionais especializados en turismo

Unha ducia de xornalistas chegan este fin de semana a Ferrol para coñecer de primeira man os atractivos turísticos, culturais e artísticos da localidade, así como para desfrutar da celebración da Festa das Pepitas

Archivo - Noche de las Pepitas

O Concello será anfitrión este sábado e domingo dun “press trip” encadrado entorno á Candidatura de Ferrol como Patrimonio Mundial. Os xornalistas visitantes proceden de diferentes medios de comunicación de carácter nacional especializados en viaxes, e gozarán durante dous días da gastronomía, a arte e o patrimonio histórico e cultural da urbe naval.

Hospedaranse no Gran Hotel de Ferrol, punto de partida das diferentes actividades planificadas para a fin de semana. Na primeira xornada visitarán o Museo da Construción Naval e farán unha ruta guiada para coñecer os edificios Modernistas da cidade. Pola tarde acudirán a un acto institucional no Teatro Jofre e desfrutarán na carpa da praza de Armas da actuación das rondallas con motivo das Pepitas, evento que aspira a converterse en Festa de Interese Turístico Nacional.

O domingo está programado un percorrido polas Meninas de Canido dirixido por Eduardo Hermida, artista e promotor da iniciativa artística, seguido dunha visita ao Porto de Curuxeiras, quilómetro cero do Camiño Inglés. E para finalizar o día visitarán o castelo de San Felipe, ao que chegarán en barco tras desfrutar dun paseo pola ría.

 

Salir de la versión móvil