Ferrol recolle as catro bandeiras azuis que acreditan a calidade dos seus areais

O praias xa están a punto para a incorporación do persoal de socorrismo, que fixo o examen teórico esta mesma mañá
2020_06_22Bandeiras01

A concelleira de Servizos, Obras, Medio Ambiente, Zona Rural e Participación Cidadá, Ana Lamas, representou esta mañá ao Concello de Ferrol na entrega e bandeiras azuis, unha cerimonia que se celebrou este ano en Laxe. Lamas recibiu de mans da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, os distintivos de calidade que nos próximos días comezarán a exhibir os areais de Doniños, Esmelle, San Xurxo e A Fragata.

A edil mostrou a súa satisfacción por que a costa ferrolá goce de novo de catro bandeiras azuis que certifican a calidade das augas e dos servizos que ofrecen os seus areais, unha das xoias naturais do municipio. Para que todo estea listo de cara a tempada que comeza estes días, o Concello iniciou a pasada semana un plan de mantemento e reparación das praias, que inclúe labores de roza, colocación de carteis informativos, duchas, pasarelas de madeira e instalación.

Desde primeiras horas desta mañá os operarios continuaron cos labores e colocáronse as casetas para socorristas na Graña e Caranza e nas próximas horas está previsto que en Esmelle, Santa Comba e Ponzos. Mañá sería a quenda de Doniños, co  que se completaría este traballo. Ao longo da mañá instaláronse duchas en Caranza, Santa Comba e Ponzos e as pasarelas de madeira en Esmelle e Doniños.

Tamén esta mañá, realizáronse as probas escritas aos socorristas que optan á praza de coordinador de praias e ás sete de coordinador de caseta. Presentáronse 14 dos 45 que superaron as probas físicas a semana pasada para converterse en socorristas do Concello de Ferrol durante esta tempada estival. Unha vez se resolva este proceso, está previsto que todos eles se incorporen ao servizo nos próximos días.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.