Ferrol celebrou un ano máis o Día Internacional do Orgullo LGTBI que, como tantos outros eventos, estivo marcado polas restriccións impostas pola crise do Covid. Foi un acto organizado polas agrupacións do colectivo e que, como os propios representantes denunciaron, non contou coa colaboración de ningunha administración pública. De feito, reclamaron un maior posicionamento dos partidos de esquerdas coa súa causa e expresaron que están «aterrados» e que non están dispostos a permitir que «institucións e partidos políticos manteñan posicións equidistantes ou directamente lgtbfóbicas».
As representantes dos colectivos leron un manifesto ante algo máis dun centear de persoas no Cantón de Molíns, no que denunciaron «a multitude de agresións que están sucedendo nas rúas á xente que non cumple a norma, feminicidios e transfeminicidios, que están sendo potenciados por un discurso de extrema dereita que non duda en atacar directamente a estos colectivos».
«As persoas do colectivo non estamos dispostas a retroceder na consecución dos nosos dereitos. Precisamos voz e leis contra a lgbtfobia e formación transversal en multitude de profesións que teñan en conta os nosos deretos e necesidades», concluíron as organizadoras deste acto reivindicativo.