Gardacostas requisa preto de 200 quilos de marisco na ría de Ferrol

Ademais incautáronse 19 útiles como sacos, viveiros e capachos
20201023 control gardacostas zona pantaláns ría ferrol
PUBLICIDAD

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron onte en controis realizados polas zonas de pantaláns de Ferrol, A Graña e Mugardos preto de 200 quilos de distintas especies de marisco e 19 útiles debido a que todo estaba sen identificar. En concreto comisaron 70 quilos de ostra, outros 70 de mexillón, 20 quilos de voandeira, 15 de pateiro, cinco quilos de berberecho rabioso, outros cinco de nécora, catro quilos de ameixa babosa e tamén catro de carneiro.

Ademais os 19 útiles incautados son 10 sacos, sete viveiros e dous capachos que contiñan toda a mercadoría fondeada nas zonas de pantaláns. As especies comisadas estaban vivas, polo que os axentes procederon a devolvelas ao mar.

Ante casos coma este, a Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de produtos do mar extraídos e comercializados de xeito irregular pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso, pide aos consumidores que non merquen produto fóra das canles legais de comercialización.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.