Gonzalo Caballero destaca en Ferrol a «aposta socialista» polas fragatas F-110 para Navantia

O candidato á Xunta visitou a cidade departamental dentro do seu calendario de precampaña e chamou á participación o próximo 12-X
Gonzalo-Caballero-Ángel-Mato-Ferrol-1024x675

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, visitou onte Ferrol en compañía do alcalde, Ángel Mato, para amosar o seu “compromiso” cunha cidade “que foi perdendo pulo” e que “necesita un impulso para unha década de progreso”, sinalou o candidato á Xunta.

Caballero criticou a paralización da Vía de Alta Capacidade (VAC) Costa Norte e as necesidades de persoal sanitario da cidade, ao tempo que puxo en valor a inversión do goberno de España de máis de 4.000 millóns de euros para construír fragatas. En paralelo, puxo en valor “a estabilidade e a capacidade do goberno local para desatascar e resolver os problemas da cidadanía” de Ferrol.

Así pois, no inicio desta precampaña, Gonzalo Caballero chamou á “participación” para poñer en marcha “unha nova política de defensa dos servizos públicos e unha nova política económica e industrial” dende a Xunta. “Se o cambio era importante o 5 de abril, agora é imprescindible”, subliñou o dirixente socialista, para apelar a “un goberno progresista en Galicia en liña co goberno local que ten máis da metade da cidadanía galega e en liña co goberno de España”.

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, salientou a coordinación que mantivo con Gonzalo Caballero ao longo desta pandemia para coñecer as necesidades da cidade departamental. Ademais, deu por feito que Gonzalo Caballero será “un excelente presidente da Xunta” e valorou que sería moi positivo para Ferrol, á vista de que “é consciente da importancia da industria e da rehabilitación do patrimonio histórico” para esta cidade.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.