O café-literario foi a primeira das activades de envellecemento activo dentro do plan ‘Ferrolearte+60’, unha batería de propostas repartidas por diferentes espazos repartidos por varios barrios da cidade ata mediados de xuño que inclúe visitas guiadas, charlas-coloquio, cinefórum, cafés literarios, showcookings, obradoiros dixitais e de creación artística e un monólogo. O programa deu comezo onte xoves na cafetaría Monterrey do barrio de Ultramar, con todas as prazas cubertas, en total 20.
A próxima cita será este sábado cunha visita ao Teatro Jofre, tamén co aforo completo. Para este mes tamén está prevista una charla a cargo de Pilar Freire sobre o Modernismo e Rodolfo Ucha, ata completar aforo, o día 28, ás 19:00 horas, no centro de maiores da rúa Río Xuvia, tal e como lembrou a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero.
Nas actividades poderán participar todas as persoas maiores de 60 anos empadroadas en Ferrol. O número de teléfono ao que haberá que confirmar asistencia será o 631 683 070 (de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas). Non se aceptarán mensaxes nin Whatsapp. Para as actividades de marzo xa está aberto o prazo de inscrición, de balde, e para o resto abrirase cada día 17 do mes anterior.
A programación é a seguinte:
-4 de marzo. Visita guiada á Capitanía Xeral. Ás 11.00 horas.
-10 de marzo. Conferencia de Man Castro sobre Ángeles Alvariño. No centro cívico de Canido ás 19.30 horas.
-16 de marzo. Obradoiro de fotografía con móbil. Local da Asociación de Veciños Val de Esmelle. Ás 17.00 horas.
-18 de marzo. Showcooking. Mercado A Magdalena. Ás 12.00 horas.
-25 de marzo. Cinefórum ‘GreenBook’, con coloquio posterior coa participación de Pilar Freire. Cines Dúplex. Ás 12.00 horas.
-28 de marzo. Café literario no café Avenida da praza de España. Hora por definir.
-1 de abril. Ruta Cofrade, guiada polo presidente da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol, César Carreño. Ás 11.00 horas.
-13 de abril. Obradoiro Fake-News. Centro cívico de Caranza. Ás 17.00 horas.
-15 de abril. Visita guiada á Cociña Económica. Ás 11.00 horas.
-20 de abril. Charla coloquio de Jorge Mira: “A que altura está o ceo”. Centro cívico de Caranza. Ás 19.00 horas.
-25 de abril. Café literario no barrio de Esteiro.
-28 de abril. Visita guiada ao Porto exterior. Saída en autobús desde o edificio da Autoridade Portuaria ás 11.30 horas.
-4 de maio. Obradoiro sobre competencias dixitais básicas. Biblioteca municipal. Ás 17.00 horas.
-10 de maio. Monólogo “A segunda idade e media”, con Pepo Suevos. No centro cívico de Caranza. Ás 20.00 horas.
-13 de maio. Percorrido polas placas e estatuas do centro de Ferrol. Ás 11.00 horas.
-16 de maio. Charla-coloquio sobre o patrimonio ferrolán perdido, a cargo de Pilar Freire. Na capela do Torrente Ballester 19.30 horas.
-26 de maio. Showcooking. Mercado A Magdalena. Ás 12.00 horas.
-27 de maio. Cinefórum ‘La odisea de los giles’, con coloquio posterior coa participación de Pilar Freire. Cines Dúplex. Ás 12.00 horas.
-30 de maio. Café literario no barrio de Ferrol Vello.
-1 de xuño. Taller de creación artística. No centro cívico de Canido. Ás 17.00 horas.
-10 de xuño. Visita guiada ao Cuartel de Dolores.
-15 de xuño. Charla-coloquio de Man Castro sobre Ferrol nos anos 70 e 80. No centro cívico de Caranza ás 19.30 horas.