“Hai unha probabilidade extremadamente alta de cancelar a Semana Santa”

O Concello de Ferrol da por suspendidas as Pepitas, pero aínda non confirmou qué pasará coa festividade relixiosa

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, compareceu esta tarde nunha rolda de prensa para explicar que “hai unha probabilidade extremadamente alta de cancelar a Semana Santa” pola amenaza do Coronavirus, pero que dada a importancia que ten esta celebración na cidade, o Concello vai “agardar aínda uns días para tomar unha decisión definitiva”. “Estamos en contacto permanente coa Xunta Xeral de Confrarías da Semana Santa, para que polo momento non pechen contratos que teñan que facer, por se fose necesario as súas suspensión e non sufrir así contratempos innecesarios”, dixo.

“Polo momento imos ver que é o que ocorre nos próximos días, aínda que todo parece indicar que parece que vai ter que ser cancelada”, referendou o alcalde ferrolán en alusión a esta celebración relixiosa que está declarada de Interese Turístico Internacional.

Pepitas

Ángel Mato sí confirmou que “a Festa das Pepitas queda aprazada”. Unha celebración prevista para a noite do 18 de marzo, véspera de San José, protagonizada polas rondallas de Ferrol e da comarca.  A decisión do Concello, tamén adoptada polas medidas de loita contra o Coronavirus, inclúe valorar unha nova data en consenso coa coordinadora, quedando aprazados todos os compromisos. Tamén se trasladou a suspensión do Festival de Música do Eixo Atlántico, previsto para os días 18 e 19 de abril.

Salir de la versión móvil