Interceptado un conductor reincidente de Ferrol por circular sen permiso en vixencia

O home foi localizado polos axentes da Garda Civil nunha vía secundaria de Ares

Control de la Guardia Civil

O Destacamento da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Ferrol investigou a un condutor, como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. Os feitos ocorreron cando efectivos desta unidade localizaron a un condutor, do cal sabían que carecía do correspondente permiso de condución por perda de vixencia, circulando nun vehículo no termo municipal de Ares.

O investigado circulaba a pesar de carecer de permiso de condución, por vías secundarias e en franxas horarias que o consideraba carentes de vixilancia, ao coincidir supostamente coas substitucións das patrullas en servizo. A Garda Civil procedeu á súa investigación como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. O investigado, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda de Ferrol.

Salir de la versión móvil