Investigado un eumés por un delito de abandono animal nunha granxa de reses

Os animais levaban máis de quince días sen ser atendidos polo seu propietario, sen auga e sen acceso a pastos.

A Patrulla de Seprona de Pontedeume, procedeu á investigación dun home por un presunto delito de abandono animal, contemplado no artigo 337 do Código penal. Os feitos iniciáronse por mor de numerosas queixas dos veciños de Mugardos, achega do mal estado en que se atopaba o gando dunha explotación do mesmo termo municipal que, xunto coas numerosas actuacións levadas a cabo pola patrulla do Seprona nos últimos dous anos, serviron para contrastar un total abandono dos animais.

A explotación gandeira estaba composta por doce reses de gando vacún e un equino, os cales permanecían día e noite á intemperie, atados a unhas picarañas e sen ningún tipo de resgardo ante as inclemencias meteorolóxicas. Así mesmo púidose comprobar como estes animais levaban máis de quince días sen ser atendidos polo seu propietario, sen auga e sen acceso a pastos, con temperaturas de ata trinta graos, con cordas e cadeas xa incrustadas na pel con feridas e infeccións.

Varios dos veciños proporcionaban aos animais algo de auga e alimento,a fin de evitar que morresen por inanición. Esta tónica era algo que viña ocorrendo desde hai dous anos de forma alterna, situación que no último mes viuse agravada concluíndo nun total abandono. As dilixencias foron remitados ao ao Xulgado de Garda de Ferrol.

 

Salir de la versión móvil