Investigado un ferrolán por estafar 730 euros a unha muller que coñeceu nunha app de citas

O home fíxose pasar por axente de policía e pediulle diñeiro á vítima coa escusa de quedarse sen tarxeta de crédito

Axentes da Policía Nacional de Lugo investigan a un home veciño de Ferrol de 39 anos e con varios antecedentes anteriores, por un delito de estafa. Os feitos ocorreron a primeira quincena do mes de maio, cando a denunciante quedou con este home en localidade de Mugardos, tras coñecerse nunha aplicación de citas. O investigado contoulle á muller que era policía e que traballaba en Ferrol, pero que estaba a desenvolver as súas funcións en Lugo a causa do Covid.

Tras esta cita, continuaron contacto a través do móbil, solicitándolle á victima 400 euros para gastos urxentes, xa que o caixeiro automático quedouse coa tarxeta bancaria, debido a un erro, dando unha conta bancaria para que a victima ingresase o diñeiro.

Días máis o home pídelle á moza outros 30 euros para recárgaa do móbil e ao día seguinte outros 220 euros para evitar entrar en prisión, coa promesa de devolverlle todo o diñeiro cando cobre a nómina o día vinte e oito do mes. Tras acceder a muller a estas peticións, este veciño de Ferrol seguiu coa súa conduta e pediulle outros 80 euros máis para facer a compra.

Con todo, esta sería a última vez que consegue estafar á vítima, xa que nunha chamada posterior o investigado comeza a conversación dicindo que lle puxeron unha multa de tráfico 1.000 euros e a denunciante corta a conversación #ante a posibilidade de que lle pida máis diñeiro.

Chegado o 28 de maio, a victima solicitoulle ao home mediante unha mensaxe de Whatsapp a devolución dos 730 euros que lle prestaba, #ante o que o investigado reacciona con insultos e bloqueando o teléfono para que non puidese contactar con el. A muller denunciou os feitos e remitíronse as investigacións á comisaría e aos xulgados de Ferrol.

Salir de la versión móvil