O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Javier Galán (CCOO), afirmou esta mañá nunha rolda de prensa que non vai dimitir do seu cargo, tal e como demandaba a CIG no pleno extraordinario celebrado esta mañá no estaleiro público. O responsable dos representantes dos traballadores cree que esta petición da central nacionalista responde a una «estratexía de acoso e derribo» para intentar debilitar ao sindicato maioritario, Comisións Obreiras, «a base de mentiras reiteradas». «Pese a quen lle pese seguimos sendo o sindicato con máis respaldo dos traballadores no estaleiro de Navantia», asegurou Galán.
O presidente do comité clarificou que o seu sindicato, CCOO, non pactou coa dirección de empresa a realización de exames de acceso on-line, tal e como lles acusaba a CIG. Asegurou Javier Galán que esixiu a Navantia que o proceso de acceso de postos junior ten que estar resolto antes de que os traballadores do estaleiro comecen as vacacións e o dos senior antes de setembro, pero que «en ningún momento» avalou a proposta da dirección da empresa de realizar as probas de acceso de forma telemática. «De feito -dixo Galán- lle comuniquei de forma persoal á responsable de Recursos Humanos, que en Ferrol dispoñíamos de espazos grandes, como FIMO, para realizar os exames de forma presencial».
Galán asegurou que, contrariamente ao que din desde a CIG, Comisións Obreiras é o sindicato máis belixerante coa dirección da empresa e o que máis propostas realiza para mellorar as condicións dos traballadores. «Cando estamos sentados cara a cara cos membros da dirección, son eu como presidente o que máis confrontacións ten coa dirección», dixo o responsable do comité.