Liberados 17 cans que vivían hacinados entre lixo e escombros con dous irmáns na Graña

Os donos, con problemas psiquiátricos, están sendo evaluados para o seu ingreso nun centro de saúde mental
perrosgraña 1

A entidade Iniciativa Dignidad Canina (InDiCan), que loita contra o encadeamento dos cans, logrou rescatar onte rescatar a 17 animais que vivían hacinados nunha vivenda da Graña e en condicións insalubres con dúas persoas. Os donos dos animais, dous irmáns con problemas psiquiátricos, levan anos vivindo nunha casa sen teito e durmindo á intemperie baixo unha sombrilla. Ademais, sofren de Dióxenes e non dispoñen nin de cama, nin de cociña e conviven, ademais dos cans, con deceas de ratas e insectos.

Os veciños da zona intentaron en multitude de ocasións sacar desta situación inhumana tanto aos dous irmáns como aos animais, pero ata agora non se atopara solución alguna, debido a que os afectados non querían marchar de alí. Foi a raíz da denuncia da asociación InDiCan cando a Policía e os Servizos Sociais puideron constatar as condicións de insalubridade que se estaban a xerar na vivenda.

«Os 17 perros atopados estaban atados dentro de casa cunhas cordas de pouco máis dun metro», explica Lorena Fernández, responsable da asociación canina. As condicións, asegura, eran inasumibles tanto para os cans como para as persoas, que vivían entre os escombros dos propios derrumbes da vivenda e toneladas de basura. «Os veciños xa puxeran varias denuncias, porque os cans as veces andaban soltos pola rúa e en máis dunha ocasión a piques estiveron de causar un accidente. Ademáis, o olor era insorportable para os veciños das viviendas próximas», detallan desde InDiCan.

Os dous irmáns foron trasladados ao centro de atención psiquiátrica do CHUF para unha evaluación e un posible ingreso no centro de saúde mental do Naval. A muller era unha habitual da zona de Canido e soía pasear a algún dos seus cans nun carriño para bebés, rebuscando entre o lixo algo de comida. O seu irmán, según contaron os veciños, apenas saía da casa.

Pola súa banda, os cans foron recollidos ao longo da tarde polo servizo de lacería do concello que os trasladou ao refuxio de Mougá, onde se van desparasitar para poñelos en adopción nun prazo de dez días. «Os animais non mostraban síntomas de desnutrición, pero nunca recibiran unha vacuna ou un tratamento contra os parásitos.», di Lorena Fernández.

Esta asociación, con pouco máis dun ano de vida, loita contra o encadeamento ou o engaiolamento dos cans e promove unha «tenencia responsable» que respeite os deitos dos animais. Nas últimas semanas tamén conseguiron liberar a media docena de cans de caza que se atopaban pechados nunha nave sen ventás, en gaiolas e sen luz. Coa axuda da Policía Local, chegaron a un acordo co dono dos cans para que pechara a finca dun ferrado na que se encontraba a nave e soltara aos animais.

 

 

 

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.