A pasada semana saíu á venta a primeira novela do mestre ferrolán Miguel Castro Serantes, titulada Lodo. A obra relata cinco días na vida de Ana. Unha viaxe ao pasado máis profundo da súa intimidade en busca dunha tranquilidade necesaria. Pasado, presente e futuro, persiguen á unha familia de hoxe en día, atrapada nas complexidades e vicisitudes da época que vivimos.
“En «Lodo» os malos tempos son para a lírica, pero é o momento de pedir a voz e a palabra para non quedar illado no medio do silencio, a forma máis absurda de fracaso”, explica o autor. O libro está ilustrado pola impactante obra de Víctor G. Novás.
Polo momento a obra, que conta co selo de Edicións Imaxinarias, atópase nas librarías Cantón 4, Central Librera Real, Librería Galiano, Estraviz e Belisa. A editorial sacou unha primeira tirada de 300 exemplares que tivo unha grande acollida entre o público ferrolán e está a piques de esgotarse.
Aquí podedes ver unha entrevista ao autor Miguel Castro no que explica qué lle inspirou a crear esta opera prima literaria e onde aborda algunhas das cuestións que plantexa a novela.