Máis de 16.000 novas frores para Ferrol

O Concello puxo en marcha unha campaña para a plantación de diversas especies de plantas ornamentais nas pazas e rúas da cidade

A última campaña de plantación de flores posta en marcha polo Concello de Ferrol, a través da concellería de Medio Ambiente que dirixe Ana Lamas, inclúe a colocación de máis de 16.300 unidades. Desde que comezara no mes de novembro, o departamento xa colocou 7.381 en diferentes puntos da cidade. Na Praza de Galicia plantáronse 1.000 unidades; na Praza de Amboage, 970, 650 na estrada de Catabois, máis de 630 en Praza de España, 550 en Praza Camilo José Cela e 500 no monumento a Concepción Arenal.

Na rúa Santos 450, unhas 400 en Praza de Armas, 270 na Praza Ricardo Segura, 250 na rotonda González Llanos, 220 na Praza 11 de Marzal, 170 en Praza de Ultramar, máis de 150 na rúa Dolores, unhas 125 no parque Felipe Bouza Mayor, 120 nos xardíns das Angustias, máis de 100 en rúa do Sol e outras tantas na Praza do Himno Galego e na estrada de Castela, preto de 100 nas rúas Terra e Concepción Arenal, 60 na Praza Iglesias Parga, outras 60 nas rotondas Anduriña e Santa Mariña, 35 no Cruceiro de Canido, 40 en Socorro, outras 40 en San Roque e a mesma cantidade na Praza do Carbón.

Por especies, plantáronse preto de 5.000 Viola Cornuta, 956 Cyclamen Latinia, 800 Viola Tricolor, máis de 350 Priprimula Acualis, 250 Narcisus e preto de 150 Poinsettia Vermella.

A actual campaña de plantación inclúe para os próximos días outras 6.000 unidades na avenida de Esteiro, 1.600 nos xardíns de Porta Nova, 750 na Praza Dez de Marzal e outras 600 na rotonda Música Caranza.

Salir de la versión móvil