Mañá comeza a gran promoción do programa «Ferrol Cidade Viva» con máis de 10.000 euros en premios para os clientes

Sortearse un Apple Watch entre as persoas que se baixen a aplicación "D´Compras por Ferrol" e regalarase un iPhone a aquel cliente que merque en máis comercios durante a campaña
ferrolcomercio

Mañá comeza a gran promoción do comercio e hostalería local deseñada polo Concello de Ferrol no marco do programa ‘Ferrol Cidade Viva’ co obxectivo de dinamizar o tecido económico da cidade, o que supón a posta en marcha da terceira liña de actuación do plan municipal. Ademais de formación e asesoramento individualizado, os participantes no programa ‘Ferrol Cidade Viva’ inician mañá a seguinte fase, a gran promoción dos negocios locais para captar clientes e incentivar as vendas.

María Teresa Deus, titular da concellería de Promoción Económica, encargada de deseñar o plan, anunciou esta mañá que para levala a cabo o Concello habilitará a partir das 12.00 horas de mañá a aplicación D´Compras por Ferrol, que terá dobre uso: os emprendedores poderán coñecer mellor aos seus clientes e estes contarán cunha ferramenta na que consultar descontos, sorteos, premios, incentivos ás vendas cruzadas e incluso os puntos acumulados para beneficiarse de promocións co fin de incentivar o consumo.

O cliente poderá acceder a ela a través dun código QR que estará exposto nos establecementos participantes. Neste punto, María Teresa Deus explicou que “todo este proceso será moi sinxelo, ese é o noso obxectivo, facer a campaña o máis accesible posible a toda a poboación”.

Grandes atractivos para os clientes

A concelleira anunciou que a campaña, que rematará o 4 de novembro, contará con grandes atractivos para os clientes, como o lanzamento de máis de 10.000 euros en premios directos entre as persoas que descarguen a nova aplicación. Acumularán o 10 % do importe das súas compras realizadas nos establecementos participantes na promoción e unha vez comprasen en máis de cinco negocios e por un importe total superior a 100 euros, poderán trocar o seu diñeiro acumulado.

Ademais sortearse un Apple Watch entre as persoas que se baixen a aplicación e regalarase un iPhone SE a aquel cliente que merque en máis comercios durante a campaña. Todas estas iniciativas, explica a concelleira, perseguen o fin de “incentivar as compras” ao tempo que “dar a coñecer a calidade do noso tecido comercial e hostaleiro”.

Polo momento xa son 60 os establecementos que participarán na gran promoción e o prazo de inscrición segue aberto no correo electrónico [email protected] e no número de teléfono 637 962 787.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.