Mans Unidas amosa na Sede Afundación Ferrol como as mulleres melloran o mundo

Os paneis, articulados por imaxes do fotógrafo Roberto Marín complementadas por textos explicativos, permanecerán abertas ao público desde o luns 5 de outubro ata o próximo día 30

A Sede Afundación Ferrol acolle a mostra «O mundo en feminino», desenvolvida por Mans Unidas, na que se pode contemplar o traballo fotográfico de Roberto Marín, complementado por textos explicativos sobre a importancia de facernos conscientes de todas as violencias, visibles e soterradas, ás que se ven expostas as mulleres e como, porén, son elas as que aseguran o establecemento de sociedades comprometidas que progresan de forma comunitariamente responsable.

A través de 19 paneis expostos na sede da Obra Social de ABANCA, Mans Unidas, unha das organizacións non gobernamentais máis emblemáticas, mostra como as mulleres foron, son e serán as principais destinatarias dos seus programas de apoio. Nesta exposición visibilízanse, asemade, as constantes ameazas que se cinguen sobre elas, pero como, pese a iso, son a garantía para avanzar cara a mundos socialmente máis comprometidos. A sanidade, a educación ou o traballo son algúns dos ámbitos nos que se centra o obxecivo de Marín para achegarnos a realidade das mujeres alí onde Mans Unidas está presente.

A mostra poderase visitar ata o próximo 30 de outubro, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

Salir de la versión móvil