Mato propón transformar Porta Nova no edificio do emprego

Albergará novas dependencias do Centro Municipal de Emprego, un coworking e unha nova oficina do SEPE

O candidato socialista á revalidar na alcaldía de Ferrol, Ángel Mato, explicou esta mañá en Porta Nova que ten como obxectivo transformar o antigo centro comercial do Inferniño nun edificio do emprego. Con este plan, incluido no seu programa de goberno para os seus próximos catro anos, Mato busca concentrar nesas instalacións ata tres espazos destinados ao fomento do emprego na cidade, cada un deles desde una perspectiva diferente.

Esta iniciativa “contribuirá, sen dúbida, á dinamización do barrio do Inferniño coa chegada a diario de persoas que desenvolverán a súa actividade laboral ou formativa neste edificio, actualmente case sen uso”, indicou esta mañá acompañado por varios membros a súa candidatura. O socialista proxecta crear no Inferniño unha segunda sede do Centro Municipal de Emprego de Ferrol, actualmente localizado na rúa Sagrada Familia. Deste xeito, as clases teóricas dos diferentes ciclos formativos que na actualidade se imparten na sede de Catabois pasarán a ofrecerse en Porta Nova, mentres que e a totalidade das instalacións do actual Centro de
Emprego destinaranse ao desenvolvemento das prácticas formativas de ditos ciclos, o que supón ganar en superficie para esta actividade.

O segundo espazo será un coworking —lugar de traballo compartido para profesionais— promovido pola Deputación da Coruna, que albergará diferentes iniciativas emprendedoras. Trátase dun proxecto para o que xa se deron “importantes avances” da man do organismo provincial e que xa ten precedentes en varios municipios da provincia.

O novo Edificio de Emprego de Ferrol acollerá tamén a nova oficina do Servizo Público de Empleo Estatal -SEPE- anunciada polo Goberno central para Ferrol. Mato xa ofreceu a Madrid este emprazamento para o que será a oficina número 712, que dará servizo a toda España, posto que conta con espazo suficiente para albergar esta prestación estatal, para a que se estima será necesario contar con alrededor de 40 traballadores.

Estes tres espazos concentrados en Porta Nova supoñerán que o edificio “teña un fluxo constante de persoas”, o que “revitalizará de xeito considerable” o Inferniño. A esto tamén contribuirá unha nova oficina de atención cidadá da Policía Local en Porta Nova, que facilitará as xestións aos habitantes do centro urbano. O baixo do edificio seguirá destinado a usos comerciales, explicou o alcalde. En canto ao estacionamento, e unha vez solventadas as cuestións xudiciais, volverase a licitar a súa explotación para que as case 350 prazas coas que conta estean de novo a disposición do público.

Salir de la versión móvil