O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo fixo pública a lista provisional de propostas seleccionadas na convocatoria de 2019 do mecanismo de compensación de custes de emisiones indirectas de gases de efecto invernadoiro, dotada con 61 millóns e que distribuíu a un total de 204 solicitudes. A empresa naronesa Megasa Siderúrxica será unha das dez empresas seleccionadas en Galicia e recibiría algo máis de 643.000 euros.
A industria galega, con 13 millóns de euros, convértese na máis beneficiada pola repartición destas axudas, xa que aglutina o 21,8 % do total concedido en España, seguida por Asturias, con 10,1 millóns, e Cataluña con 9,8 millóns, subliña o delegado do Goberno, Javier Losada, nun comunicado. «Con esta medida, o Goberno cumpre o seu compromiso de apoiar aos sectores industriais e reforzar a competitividade das empresas máis intensivas en consumo de electricidade», engade.
Estas axudas buscan reducir o risco de que algunhas empresas trasladen a súa produción a países de fóra da UE e con políticas ambientais menos ambiciosas (a chamada ‘fuga de carbono’). Para iso, dan permiso aos gobernos europeos para conceder axudas a empresas de sectores nos que isto pode ocorrer, compensando ás firmas polos custos indirectos imputables ás emisións de CO2 que elevan os prezos da electricidade.