Microteatro, música e un ciclo de charlas no 8M ferrolán

O Teatro Jofre acollerá o vernes día 6 a gala institucional polo Día da Muller
54349939_2207725426224174_7086928984541233152_o

O Concello de Ferrol deu a coñecer os actos programados polo goberno local para celebrar o 8M, Día da Muller, baixo o lema “Por todas, é tempo das mulleres”.

A edil de Igualdade e Muller, Cristina Prados, anunciou que o día 6 de marzo celebrarase ás 11.30 horas no monumento de Concepción Arenal a Pérgola do recordo, unha plantación dunha roseira por cada unha das mulleres asasinadas no que vai de ano. Pouco tempo despois, ás 11.50 horas, colocarase a bandeira feminista no balcón do Teatro Jofre.

Pola tarde, ás 20.00 horas, o Teatro Jofre acollerá a XII gala institucional polo Día da Muller, na que se entregará un galardón á oftalmóloga Lola Álvarez Díaz. Na gala representarase o microteatro «Isto tráeme recordos dos meus vermes de seda», de Helga Méndez, e actuará a artista galega Guadi Galego, quen o 14 de marzo recibirá o galardón Muller da Vila de Cedeira. As entradas para acudir á gala son gratuítas e poderán retirarse no despacho de billetes do teatro a partir do venres 28 de febreiro.

O día 7 achegarase a celebración á cidadanía co espectáculo de animación «As Violetas” nas carpas instaladas no Cruceiro de Canido, no centro cívico de Caranza, na Praza de Ultramar, na Praza Vella, na Praza de España e en Esteiro. As actuacións terán lugar pola mañá, de 12.00 a 14.00 horas, e pola tarde, de 17.00 a 21.00 horas. Ese mesmo día, ás cinco da tarde, celebrarase o concerto “Por todas, é tempo das mulleres” na Praza de Amboaxe coa actuación do cuarteto de corda Aquelas e a rondalla Só Elas.

Contra ás 19.00 horas, comezará no Antigo Hospicio o ciclo de charlas Mulleres e Sociedade coa colaboración da asociación Fuco Buxán. A primeira será sobre Muller e Comunicación. Ao longo dos próximo meses celebraranse tres máis sobre Xustiza Patriarcal, Urbanismo Feminista e Economía e Xénero.

Por último, a concelleira anunciou que tamén está prevista a inauguración da sala Concepción Arenal na Casa da Muller, na que se colgarán ilustracións de seis mulleres relevantes: Ángeles Alvariño, Ángela Ruíz Robles, Amada García, Hildegard, Antonia Alarcón e Concepción Arenal. Ao longo do presente ano a nova sala acollerá charlas sobre a vida e obra de ditas mulleres.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.