Nace ‘O Talentiño’ o certame de música e danza de Canido

Poderán presentarse aqueles rapaces e rapazas ferroláns con idades entre 6 e 18 anos
WhatsApp Image 2023-03-09 at 18.13.10_16x9

As Asociacións da intrabarrial de Canido en colaboración co Concello de Ferrol lanzan o primerio certame de novos talentos ‘O talentiño’. O tecido veciñal de Canido xunto ao Concello de Ferrol intentan buscar novos talentos das artes musicais e da danza nun concurso baixo o nome de ‘O talentiño’. Poderán presentarse aqueles rapaces e rapazas ferroláns con idades entre 6 e 18 anos, ambas idades incluídas, que residan na cidade de Ferrol e realicen algunha das seguintes actividades artísticas: cantar, interpretación de instrumentos musicais e danza. Establécense dúas categorías de participación Música —canto ou interpretación de instrumentos musicais— e danza.

O gañador de cada categoría elixirase nun proceso de dúas rondas. A primeira fase de preselección, aberta xa ata o 15 de abril consistirá no envío de videos e anexos de inscrición ao correo [email protected]. As propostas seleccionadas concursarán o 30 de abriL nun festival que servirá de antesala ás festas dos maios. Tratarase dun festival que será presentado polos músicos ferroláns Joaquín Enríquez e Elisa Esperante e que contará como xurado con: Lucía Pérez —
cantante eurovisiva—, Xabier Vizcaino —músico e compositor—e Eva Faraldo —profesora de música e danza—. Os seleccionados pasarán a formar parte dun catálogo web de novos talentos, e os gañadores obterán un vale para gastar en comercios locais. Toda a información e bases poden consultarse na web http://talentos.avcanido.org ou no Instagram @otalentino

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.