Narón insta a Ferrol a aceptar que Acuaes sexa quen defina a porcentaxe da cuota de saneamento

O goberno local naronés propuxo na última comisión que a empresa faga un estudo e instale uns caudalímetros para calcular os custos que corresponden a cada municipio
20170405_114501 (1)
PUBLICIDAD

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, saíu ao paso das declaracións realizadas esta mesma mañá polo seu homónimo ferrolán sobre o saneamento. Ferreiro asegurou que “tanto Acuaes como o Concello de Narón propuxeron na última Comisión de Seguemento celebrada en Narón a instalación de caudalímetros dun xeito común por parte de Acuaes, unha iniciativa que non aceptou Ferrol, que tampouco quixo que Acuaes se encargase de realizar un estudo para a instalación dos mesmos, como require Narón, ao considerar que é unha parte imparcial en todo este proceso”.

En canto aos pagos, Ferreiro incidiu en que “a día de hoxe non chegou ao Concello de Narón ningunha comunicación de liquidación, polo que descoñecemos que se vai liquidar, cando e cal é o importe”. Así mesmo, respecto eses 139.725 euros pendientes de que Narón pague a Ferrol, recordou que se continúa á espera de que se xustifiquen os conceptos incluídos na mesma, tal e como se requeriu hai varios meses, para proceder ao pago, subliñando que “en ningún momento dende o Concello de Narón nos negamos a pagar”.

Sobre a contía de 70/30 para Ferrol e Narón, respectivamente, apuntou que “é a que se aprobou no seu día e sobre a que se calcularon as facturas xa abonadas a Ferrol, polo que non podemos poñer ahora en cuestión esa porcentaxe”. A rexedora local explicou que “para aclarar todas estas cuestións poderíase constituir ese ente supramunicipal do que se falou nalgunha ocasión” recordando que a día de hoxe está un vigor o convenio asinado no seu día a catro bandas que é  o que marca esa porcentaxe do 70/30 que a día de hoxe é o que se debe aplicar e con carácter de retroactividade, sendo en base ao mesmo sobre o que Ferrol xa emitiu liquidacións a Narón que se están abonadas”.

Ferreiro recordou que na última Comisión de Seguemento os representantes de Acuaes aseguraron que non se poden realizar estimacións de custes anteriores para liquidarllos a Narón, tal e como pretendía o veciño concello de Ferrol.

A rexedora local incidiu na necesidade de que para plantexar posibles cambios Acuaes encargue un estudo e se proceda a instalar caudalímetros que permitan realizar as estimacións oportunas porque o criterio que se sigue actualmente para cobrar é o mesmo que usa Augas de Galicia para toda Galicia e mesmo Ferrol para cobrar o saneamento aos seus veciños e veciñas, feito cos datos dos que se dispoñía nese momento e sobre unha base técnica”.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.