Natividad González Laso, nova coordinadora comarcal dos socialistas en Ferrol

A nova responsable traballa xa co horizonte das eleccións municipais de maio de 2023, co obxectivo “de revalidar as alcaldías e aumentar a representación socialista en todos os concellos”.
Natividad González Laso
Natividad González Laso

Natividad González Laso é a nova coordinadora do PSOE na comarca de Ferrol, co obxectivo de preparar o partido de cara ás próximas eleccións municipais.

A elección de González Laso, deputada no Congreso dos Deputados, fíxose pública nunha reunión coa presenza do secretario de Organización da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, Diego Fernández, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, xunto a voceiros e representantes das agrupacións locais da comarca.

Os socialistas agradecen o traballo da anterior coordinada comarcal, Ana Lamas, que se centrará nas súas dedicacións tanto no Concello de Ferrol como na Deputación da Coruña. Natividad González traballa xa co horizonte das eleccións municipais de maio de 2023, co obxectivo “de revalidar as alcaldías e aumentar a representación socialista en todos os concellos”.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.