Novas licitacións para rehabilitar varias vivendas ao abeiro do Plan Rexurbe de Ferrol Vello

Serán tres vivendas no número 8, e dúas vivendas e un local no inmoble dos números 22-24
Actualmente hay 18 viviendas incluidas en el plan Rexurbe del barrio de Ferrol Vello
Actualmente hay 18 viviendas incluidas en el plan Rexurbe del barrio de Ferrol Vello

A Xunta de Galicia licitou hoxe o contrato para a execución das obras de rehabilitación dun inmoble na rúa Carme Curuxeiras 8 e a construción dun edificio localizado nos números 22-24 da mesma rúa, no concello de Ferrol, por 1,6 millóns de euros. O resultado desta actuación serán cinco vivendas e un local: tres vivendas no número 8, e dúas vivendas e un local no inmoble dos números 22-24. Esta é a segunda licitación destas obras, que xa foran adxudicadas en outubro de 2021, pero, posteriormente, a empresa adxudicataria renunciou á execución das mesmas como consecuencia do atraso na concesión da licencia municipal, que foi solicitada en febreiro de 2021 e concedida en setembro de 2022.

Por outra parte, o Instituto Galego da Vivenda e Solo iniciou hoxe mesmo unha obra de emerxencia no número 8 de Carme Curuxeiras para retirar todos os elementos que poidan supoñer calquera tipo de risco despois de que se rexistrase o desprendemento de parte dun muro medianeiro, extremo que o IGVS comunicou ao Concello para que tomasen as oportunas medidas de precaución na rúa. A obra de emerxencia, iniciada hoxe mesmo, consistirá no desentullo da parcela, o apuntalamento da medianeira existente e a desmontaxe de todos os elementos que se atopen en risco de desprendemento, desmontando a medianeira entre os número 8 e 10 en todo o que supera a altura deste inmoble.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.