Novo abarrote nos bares de Ferrol: desaloxan dous locais de hostelería por exceso de aforo e incumprimento de horario

A Policía Local propuxo para sanción a dous bares ateigados de clientes no barrio da Magdalena a noite de San Xoan
IMG_20200619_121845

Trala polémica xurdida o pasado fin de semana polo abarrote de clientes en Pardo Baixo, que incluso obrigou ao Concello de Ferrol a reforzar as medidas de vixiancia e control nos locais de hostelería, a pasada noite de San Xoan a historia volveuse repetir, esta vez no barrio da Magdalena.

Dous bares, un na rúa Magdalena e outro a rúa do Sol foron propostos para sancións por incumplir tanto o horario de peche como o límite de aforo contemplado na normativa vixente. A Policía Local actuou en torno as 04.30 horas da madrugada, cando a licencia para ambos locais lles permitía estar abertos ata as 03.00. Ademáis, en ambos casos, os locais se atopaban ateigados de clientes e incumplían o límite de aforo permitido. No caso do bar da Magdalena, xa era reincidente, según explicaron fontes policiais.

Conductores sancionados

Durante esa xornada, a Policía Local tamén sancionou a catro conductores en sendos controis, todos eles la zona interurbana de Ferrol. Tres dos sancionados superaban a taxa permitida de alcohol ao volante e o terceiro está investigado por conducir sen permiso de circulación.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.