Novo repunte dos contaxiados por coronavirus na área sanitaria de Ferrol

Xa son 382 os diagnosticados ata o momento, aínda que se reduce o número de ingresados

Tercera xornada consecutiva de repunte de contaxios na área sanitaria de Ferrol. Segundo os datos proporcionados pola Dirección Xeral de Saúde Pública os casos diagnosticados ata o de agora nas comarcas son 382 o que supón un incremento de 15 casos respecto a onte. Nas últimas 24 horas déronse ademais dúas novas altas.

A parte positiva destes guarismos é que a meirande parte dos novos casos son leves e, de feito, estase a reducir o número de ingresados, que actualmente sitúase en 27 hospitalizados, 5 deles en UCI e 22 en planta. O resto dos doentes, un total de 355, atópanse nos seus domicilios baixo vixilancia médica.

A este casos rexistrados polo Sergas únense os preto de 30 contaxios contabilizados nas residencias de maiores de Pontedeume, de Narón ou no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física de Ferrol.

 

 

Salir de la versión móvil