Novo valo para o parque infantil de Esteiro, máis amplo e de cores

Recentemente instalouse neste espazo de xogo un novo camión de bombeiros, renovouse a pintura do resto de elementos e habilitáronse mesas picnic
Parque infantil de Esteiro
Parque infantil de Esteiro

O Concello de Ferrol vai iniciar esta semana a substitución do valo do parque infantil de Esteiro, localizado entre as rúas Naturalista Seoane e Españoleto. Forma parte das actuacións levadas a cabo neste espazo, entre elas a renovación da pintura de todos os xogos, a instalación dun camión de bombeiros e a colocación de dous mesas picnic na zona verde próxima á zona infantil.

Agora, o Concello vai renovar por completo o actual valo da zona de xogos por outro de cores, en aceiro galvanizado, de preto dun metro de alto. Este novo peche busca integrar as novas mesas picnic na zona de xogos, polo que no lateral paralelo á rúa Ánimas quedará aberto.  Por outro lado, o Concello tamén intervirá nas próximas datas no parque infantil da praza de Cuba, en Ultramar, coa colocación de novos xogos e a renovación do chan.
Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.