O candidato pola comarca na candidatura do BNG da Coruña Ramón Fernández «Món» volveu a insistir onte nunha comparecencia pública en que «non hai outro sector industrial que poida garantir os volumes de emprego, diversificación, de capacidade exportadora, así como de nível tecnolóxico, como o poida facer o sector naval».
Na súa intervención, o candidato ferrolán, fixo fincapé na potencialidade das infraestruturas de Navantia Ferrol-Fene, onde con 1.800.000 metros cadrados e con 6.400 metros de peiraos de propiedade pública, deron traballo no seu día a 15.000 persoas. “Estas son as dimensións da potencialidade da construción naval na comarca de Ferrol, mais ainda así o futuro pinta negro”, afirmou.
Mentes que os socialistas galegos ou o Partido Popular fixeron pública a súa aposta por converte a Ferrol nun punto estratéxico para a eólica marina, o Bloque móstrase máis escéptico respeto desta estratexia. «Sen querer facer comparacións, nen co ánimo de desprezar a eólica mariña, ou calquer outra carga de traballo que veña para os estaleiros é preciso dicir que a ocupación en Navantia-Fene a semana pasada na eólica mariña, non chegaba ás 500 persoas, mentres que, a ocupación nun dos barcos que había en Navantia-Ferrol estaba en 600 (un dos AOR australlianos), e iso sendo xa nas últimas fases de construción e mesmo coas restricíons e limitacións de aforos impostos pola COVID19», explicou o representante nacionalista.
Por último, o cabeza de lista número 5 por A Coruña insistiu en que é preciso tamén reivindicar a importancia da fábrica de Turbinas de Navantia, «unha división con moita experiencia na construción e mantemento de turbinas para a xeración de enrxías renovábeis. É pois, o momento de facer unha aposta estratéxica e decidida por esta division desde a perspectiva da innovación», concluíu.