O BNG de Ferrol denuncia o exceso de multas de tráfico impostas polo Concello

O grupo nacionalista pide revisar todas as sancións do radar da Malata anteriores a súa nova sinalización
amalataradar

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol denunciou onte a cantidade de multas e sancións que o Concello leva impostos aos veciños durante o primeiro trimestre do ano. Segundo o BNG o último informe económico trimestral do ano 2020, constata que dos 850.000 euros previstos de ingresos por multas ao longo de todo o ano Ferrol, o Concello ten xa recadado 590.000 euros «o que supón o 70% destes ingresos só nos tres primeiros meses do ano», critican os nacionalistas.

O BNG reiterou que xa denunciou anteriormente a instalación de radares como o da Malata, así como a sua deficiente sinalización e o feito de que sancione de maneira diferente en función da ruta que realicen os veiculos que son sancionados.

Ademais disto, desde o BNG rexeitan que o servizo de multas esta privatizado «e que polo tanto un incremento destas sancións e destas multas supón un incremento nos beneficios da empresa que o xestiona». Tamén denunciou o grupo nacionalista que «goberno local pretende poñer a funcionar o multacar para incidir todavía máis na recadación a través de multas e sancións aos veciños e veciñas desta cidade»

Deste xeito, piden ao Concello que realice unha «revisión de todas aquelas sancións impostas con anterioridade a nova sinalización que se ten feito do radar da malata, revisando a súa legalidade e correcta execución antes de tramitalas como está a facer de maneira xenérica».

«Por outra parte deberían centrar os seus esforzos en facer que administracións como o Ministerio de Defensa a Autoridade Portuaria ou empresas como EMAFESA abonen os ingresos que lle adebedan aos veciños e veciñas deste concello antes que incrementar a presion fiscal e os ingresos por multas», denunciaron os de Iván Rivas.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.